A ORGACCMM denuncia que a Medio Rural non lle preocupa moito acabar cos lumes no territorio

A Organización Galega de Comunidade de Montes (ORGACCMM) denuncia que á Consellería de Medio Rural semella que non lle preocupa moito acabar cos lumes no territorio.

A Organización Galega de Comunidade de Montes sinala que logo da traxedia social, económica, medioambiental e cultural que siñificaron para o territorio, e para as persoas que nel habitan, a vaga de lumes que tivo lugar este verán na que, segundo algúns datos, queimaronse  más de 200.000 hectáreas do territorio, á Consellería do Medio Rural semella que non lle preocupa moito rematar cos lumes do territorio. “Da a impresión que consideran que estes lumes son algo así como unha plaga bíblica que asolarán inevitablemente o territorio galego ano tras ano”, denuncia o presidente da ORGACCMM.

Para a organización galega de montes veciñais só desde esta perspectiva fatalista pódese entender que hai uns dias, a conselleira do Medio Rural anunciase que as medidas que vai tomar para combater os lumes do territorio o ano que ven van ser incrementar o orzamento para a prevención dos lumes (mais non indica en que vai a consistir esta prevención) e incrementar o tempo de traballo do persoal do servizo de loita contra os lumes. Medidas acaídas, pero claramente insuficentes para a ORGACCMM: “Se ante un problema concreto, se aplican unhas medidas que se amosan ineficaces por si soas, e ano tras ano se insiste nas mesmas medidas, fica claro que o problema convirtirase en perpetuo”.

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes afirman que semella que a Consellería do Medio Rural non ten moita preocupación por rematar cos lumes do territorio. E afirman isto porque nas medidas anunciadas, hai uns dias pola conselleira do Medio Rural, para combater os lumes para o vindeiro ano, nada fala de tomar medidas para ir eliminando as causas estruturais que provocan os lumes do territorio. Causas estruturais como son a forestación salvaxe do terrritorio, o bicultivo forestal con especies pirófitas, a non rotura da continuidade das masas boscosas e o abandono e despoboación do rural galego.

Denuncian que o que fai a Consellería do Medio Rural é totalmente o contrario ao que necesita o rural galego. Así aprobará unha nova moratoria para as plantacións de  eucalipto que vai significar un novo incremento do territorio galego adicado a esta especie forestal. Ademais a Consellería pretente elaborar unha nova lei de montes veciñais para poder privatizar a xestión do monte veciñal. “A xestión asemblearia veciñal non é o problema, de feito os montes veciñais menos multifuncionais e sustentabeis son aqueles que estan xestionados pola propia Consellería do Medio Rural mediante convenios ou consorcios”, recalcan desde la Organización Galega de Comunidades de Montes.

Desde a ORGACCMM lembran que o que aconteceu este ano coa liña de axudas para a prevención e loita contra os lumes non pode volver repetirse. Este ano, estas axudas non foron aprobadasa tempo e os traballos de prevención que se tiñan que facer nos montes veciñais, quedaron sen realizar. Hai varios meses  a Consellería anunciou que se incrementaba o orzamento para estas axudas para este ano en curso, pero agora resulta que pasará esta axuda ao orzamento para o vindeiro ano. Por tanto, pérdese un ano enteiro nos traballos de prevención dos lumes e os montes veciñais quedarán máis expostos aos lumes forestais o ano que ven por mor da mala xestión da Consellería do Medio Rural.                                                           

Manifestación 14S: Por un monte galego vivo e con futuro!

A Organización Galega de comunidades de montes veciñais (ORGACCMM) apoia a manifestación que, convocada pola plataforma POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO, terá lugar o domingo 14 de setembro en Compostela.

Baixo o lema «A  política forestal da xunta e quen nos queima. Por un monte galego vivo e con futuro» a ORGACCMM quere facer un chamamento ás comunidades de montes para que participen nesta manifestación nacional.

Denuncian que as axudas para a prevención e loita contra os lumes forestais aínda non foron aprobadas por Medio Rural

A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que aínda non foron aprobadas as axudas deste ano da Xunta ás comunidades de montes para prevención de lumes forestais. Uns traballos de prevención que deberían estar realizados antes do verán e que están sen facer por culpa da Consellería do Medio Rural.

No mes de xaneiro deste ano, a Consellería do Medio rural publicou unha orde de axudas para a prevención e defensa contra os lumes forestais. Pasaron 8 meses e as comunidades de montes aínda no tiveron a comunicación da aprobación das axudas e non poideron comezar os traballos de prevención de lumes previstos na liña de axudas.

O obxetivo destas liñas de axudas é a realización de traballos de prevención que impidan que o lume chegue os montes ou alomenos que sexa mais doado a extinción cando arden. Para que os traballos que contemplan estas liñas de axudas fosen eficaces terían que estar rematados cando menos no mes de maio. Porén, resulta que a finaís do mes de agosto as axudas de prevención para este ano non están aprobadas e por tanto os traballos de prevención non se poideron facer. 

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala que a culpa de esta situación, que facilita a propagación dos lumes, correspóndelle única e exclusivamente a Consellería do Medio rural pola súa mala xestión e pola súa inoperancia. ”Mentres os montes están sen limpar pola inoperancia da Consellería do Medio rural, o conselleiro alardea da súa eficacia na prevención na loita contra os lumes”, subliña o Presidente da ORGACCMM.

Para a Organización Galega de Comunidades de Montes, moi ao contrario do que pensa a Consellería do Medio rural, a prevención na loita contra os lumes,non consiste só en desbrozar, ter as pistas forestais arranxadas e os puntos de auga prestos .A verdadeira política de prevención consiste en camiñar cara un monte multifuncional e sustentabel coa implicación de veciñanza  comuneira e dos/as  titulares dos montes de particulares nesta posta en valor.

Para iso, a Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que a Consellería do Medio rural  volva a pór en vigor a liña de axudas denominada “Valoración integral do monte e a aposta pola sua multifuncionalidade“  e as Unidades de xestión forestal (UXFOR). Tamén que se modifique o artigo da vixente lei de montes de Galiza que obriga ás comunidades de montes a investir, nun ano, todos os ingresos provintes da madeira queimada en novas plantacións, fomentando de novo a forestación. Que se modifique este artigo para permitir que dos ingresos provintes de madeira queimada as comunidades de montes poideran elaborar un plan de actuacións no medio prazo para  garantir acadar esa multifuncionalidde. 

A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que se se sigue coa mesma lexislación, o que esta a propiciar a Consellería do Medio rural é que os lumes en moitos montes veciñais sexan cíclicos, porque se está a fomentar un ciclo perverso do lume que consiste en: lume – plantación – abandono – lume.

Desde a organización galega lembran que logo deste desastre ambiental, social e económico, que por mor de lumes que está a padecer todo o país, de maneira especial a provincia de Ourense, o solo quedará queimado e requeimado e tan alterado que para a súa restauración hai que actuar de xeito inmediato. Mais, para a ORGACCMM, este proceso non pode quedar só nas mans da Consellería do Medio rural. Por iso reclaman a creación inmediata de grupos de traballo conformados por distintas consellarias, os titulares dos montes queimados e de representantes de centrais sindicais, sindicatos agrarios  e comunidades de montes. Co obxetivo de acometer as tarefas de evitar a erosión, medidas de restauración e impedir a chegada das cinzas aos rios e que contaminen á auga.

A POLÍTICA FORESTAL DO PP QUEIMA OS NOSOS MONTES, QUEIMA AS NOSAS CASAS

Perante a vaga de incendios que que se espalla por toda a Galiza, de norte a sur, e de leste a oeste, estamos hoxe aquí para denunciar mais unha vez outra traxedia ambiental, social e cultural e económica, un novo pesadelo nesta longa noite de perda da nosa natureza e por extensión do noso País. O andazo dos incendios que está padecendo toda Galiza ceba-se, nestes momentos, especialmente sobre todo nas comarcas de Ourense, nomeadamente nos seus espazos naturais protexidos. Nestes momentos xa se superan as 100.000 hectáreas calcinadas, e seguen-se acrecentando, e non sabemos onde vai parar. Grande parte destes espazos quedarán tinxidos de negro, en forma dun “Prestige do interior” que vai deixar tras de si, unha paisaxe desoladora, unha terra devastada e un futuro incerto para quen perderán as súas pertenzas e o seu medio de vida, para nosa natureza e, por extensión, para o noso País.

Causas múltiples e diversas están na orixe dos incendios que se producen no territorio da Galiza, e cada ano que pasa novos factores, como a mudanza climática, teñen de ser tidos en conta, mas no que todo o mundo parece estar de acordo é que o abandono do rural, as nefastas políticas agrarias e a aposta polo monocultivo de especies de crecemento rápido están entre as causas que mais inflúen nas vagas incendiarias. Neste sentido e perante o inmediato fin da moratoria para novas platacións de eucaliptos decretada pola Xunta de Galiza para este 31 de decembro, e a vista do desastre económico, social e ambiental que estamos padecendo, consideramos necesario reclamar unha moaratoia indefinida.

Un ano mais, e xa van moitos, ante a inacción dos gobernos galegos do PP, estamos sendo testemuñas de como o lume se propaga por numerosas comarcas do noso rural e de zonas próximas ás cidades, co agravante de que a extensión de territorio que se ve afectada é cada vez maior, se as condicións climáticas son desfavorábeis. Non pasa así en anos con condicións climáticas mais benignas, como foi o caso do ano pasado, con apenas 2.600 hectáreas.

Hai persoas queimadas cun grave risco para a sua vida, arden casas e milleiros de persoas evacuadas viron-se na obriga de deixar os seus fogares, e os seus animais, impotentes, vendo que non había medios suficientes para facerlle fronte ao lume. Están abandonadas. Os colectivos e as persoas aquí presentes queremos amosar o noso desexo de favorábel e pronta recuperación das persoas queimadas, asi como a nosa total solidariedade coa veciñanza evacuada, coas que perderon casas e facendas e con aquela outra que pese aos avisos, e arriscando a súa vida, mantense nas aldeas, para tratar de facerlle fronte aos lumes agardando a que chova, e se as aldeas se salvan será pola súa resistencia e loita, cos soutos, carballeiras e fragas como os únicos aliados. 

O Plano de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galiza (PLADIGA) é unha ferramenta inútil, non deixando de ser unha irrelevante actualización de PLADIGAS anteriores. Aproba-se sen debate no Consello Forestal da Galiza, e non se celebra ningún Consello Forestal unha vez rematados os lumes para facer unha análise do número de lumes, orixe dos mesmos, medidas de loita e resultados das mesmas, co agravante de que neste Consello non están representadas todas as organizacións e entidades relacionadas co monte e o medio rural.

Solidarizámonos tamén co colectivo de profesionais de prevención e extinción, que outra volta traballan en condicións de absoluta precariedade, abandono e falta de medios. Así, en plena vaga de incendios, o Presidente da Xunta da Galiza, señor Rueda, pedía medios ao Estado español, entanto tiña 190 prazas sen cubrir. O Goberno galego e o actual presidente da Xunta Alfonso Rueda seguen ocultando a triste realidade de que o que se perde son as grandes xoias naturais de Galiza.

Dito isto, non fica ningunha dúbida de que a loita contra o lume, na sua faceta de extinción, se debe facer desde a óptica dun servizo público, profesional e permanente, polo que se fai necesario crear un Servizo Público de Bombeiros e Bombeiras Forestais, con a dimensión necesaria para atender a realidade existente.

A verdadeira política de prevención non é como pensa a señora conselleira e moita parte da sociedade, ter os montes limpos, as pistas arranxadas e os puntos de auga prestos, senón en ter un medio rural vivo e con actividade económica produtiva, un monte multifuncional e sustentábel coa implicación da veciñanza comuneira e dos e das titulares particulares nesta posta en valor. Neste sentido para garantir esta multifuncionalidade fai-se preciso reclamar da Consellaría do Medio Rural que volva pór en vigor a liña de axuda para a valorización integral do monte, asi como as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR).

A vida salvaxe que hoxe se perde, tardará moitos anos en volver a reaparecer, porque a contorna tamén degradada, xa non consegue achegar sementes nin individuos para a recolonización natural. Cos lumes desaparecen aves ameazadas, como os bufos reais, as tartarañas cincentas e as gatafornelas. Centos de milleiros de bolboretas, saltóns e pequenos mamíferos ficarán abrasados polo avance das lapas. Sobreiras, cerquiños, aciñeiras e érbedos monumentais convertidos en carbón en cuestión de segundos.  E que pasará con ese solo queimado e requeimado, tan alterado que non poderá permitir o establecemento da vexetación que sustenta á fauna? A súa recuperación non é cuestión de décadas, senón de centos de anos.

As persoas labregas están especialmente afectadas pola destrución dos cultivos, a perda de forraxe almacenada e a imposibilidade de producir outra nova ou facer pastoreo nas terras arrasadas. Na apicultura perdeuse a zona de alimentación das abellas en km á redonda. E a recuperación destas zonas levará moito tempo.

Unha vez máis, temos que ser o pobo galego quen saía á rúa para exixir ao goberno da Xunta medidas urxentes para frear esta situación e un cambio radical nas súas políticas ambientais, agro-gandeiras e forestais.

É por isto que por enésima vez esiximos:

A criazón dun único servizo público, de xestion directa e dependente da Xunta, evitando a súa privatización, composto por profesionais, adecuadamente formado en prevención, extinción de incendios e outras emerxencias que poidan alternar os labores de extinción no verán e prevención durante todo o ano.

A declaración de “zona catastrófica” (agora “zona afectada gravemente por unha emerxencia civil”) das áreas atinxidas polos lumes. Creación inmediata nas zonas afectadas polo lume de comisións de traballo conformadas pola Administración pública, os titulares dos montes e representantes das organizacións sindicais, agrarias, medioambientais e de comunidades de montes, tendo como cometido a elaboración de medidas para evitar a erosión do chao, medidas de restauración do solo e proxectos para a posta en valor do monte

Accións inmediatas nas zonas queimadas para evitar a erosión destes solos de extraordinaria importancia e procurar o antes posíbel a súa restauración, asi como impedir a chegada de cinzas e outros contaminantes aos ríos e rías.

A suspensión da tempada de caza e pesca non só nas áreas queimadas senón tamén nos tecores veciños por un período que permita a rexeneración das poboacións salvaxes afectadas polo lume.

O pulo decidido a políticas estruturais que preserven a biodiversidade natural, restauren os ecosistemas danados e recuperen os usos tradicionais e multifuncionais dos montes, como o pastoreo. Medidas que contribúen a fixar poboación no rural e a afastar os lumes.

Denunciamos que a Xunta siga empregando o monte galego como obxecto de especulación, ou como solo barato para as grandes coorporacións multinacionais enerxéticas, pasteiras e mineiras que expulsan ás persoas do rural na procura do seu lucro privado.

E agardamos que non se aproveite esta situación de desgraza ambiental e social para favorecer os intereses dos lobbys enerxético, mineiro, urbanístico, e forestal.

Reclamamos unha moratoria indefinida para a plantación de eucaliptos e doutras especies pirófilas, así como a súa eliminación paulatina e dando alternativas aos e ás titulares de montes de eucaliptos situados en terras agrarias, figuras de protección medioambiental, masas mixtas, zonas paisaxísticas, con restos patrimoniais, etc.

POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO

BASTA XA DE TANTA MANIPULACIÓN E DE PROPAGANDA BALEIRA SOBRE O NOSO RURAL.

NON QUEREMOS QUE O MONTE SEXA PASTO DO LUME E DA ESPECULACIÓN.

LUMES NUNCA MÁIS

Plataforma “Por un monte galego con futuro”. Colectivos que a integran: A Estruga, A Rente do Chan-Pladever, A Ría Non se Vende, A Terra Non se Vende (ATNSV), Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, Anduxía, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Senda Nova, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques “O Ourol de Anllóns”, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), Asociación de Custodia do Territorio Brexa, Asociación Frouma, Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación Naturalista Hispella, Asociación Rebinxe, Asociación Rexeneración Autóctona, Asociación Veciñal do Saviñao, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), Foro do Camiño, Fundación Eira, Greenpeace, Grupo Naturalista Hábitat, Instituto de Estudos Miñoráns, Mariña Patrimonio, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo «CÍES», Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Quercus Sonora, Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego (SLG), Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Groba, SOS Suído Seixo, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.

I ENCONTRO OBSERVATORIO DOS MONTES EN MAN COMÚN E BALDIOS

VENRES 16 DE MAIO
FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAS
CAMPUS LAGOAS MARCOSENDE – UVIGO

10:00-10:30 APERTURA
FUNDACIÓN JUANA DE VEGA
FUNDACIÓN ISLA COUTO
UNIVERSIDADE DE VIGO

10:30-11:15 PRESENTACIÓN DO OBSERVATORIO XAVIER MARTINEZ COBAS
RESULTADOS DA ENQUISA AS CMVMC DE GALICIA BEATRIZ ZUGAZAGOITIA

11:15-12.00 OS BALDIOS PORTUGUESES

PAUSA

12:30-13:45 PRIMEIRA MESA REDONDA: SERVIZOS ECOSISTÉMICOS DO MONTE COMUNAL

XUNTA DE GALICIA LIÑAS DE AXUDA
RURALtXA! E LIFE IN COMMON LAND
O VALOR SOCIAL DO MONTE COMUNAL VINCIOS

PAUSA

15:30-16:45 SEGUNDA MESA REDONDA: A XESTIÓN DO MONTE A TRAVÉS DO GANDO

BALDIO PORTUGUÉS
CMVMC ROSAL
CMVMC BAROÑA

17:00-18:15 TERCEIRA MESA REDONDA: XERAR, CONSERVAR E COMPARTIR COÑECEMENTO

AS MANCOMUNIDADES: MANCOMUNIDADE DE MONTES DE BAIXO MIÑO
ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES e A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA

18:30-19:00 CONFERENCIA CIERRE: TOBIAS HALLER: Regional Coordinator for the International Association for the Study of the Commons (IASC) Europe

Resposta as informacións manipuladoras contra os montes veciñais

         Os enemigos do monte veciñal en man común, aproveitando que o Pladiga (Plan de prevención  e de defensa contra os incendios forestais) do ano 2025 recolle que na última década houbo máis superficie queimada de monte veciñal que superficie queimada de montes de propiedade privada, están lanzando informacións manipuladoras. Como que os montes veciñais en man común teñen máis posibilidades de arder que os montes particulares. Estas consignas manipuladoras teñen como  obxetivo o de  crear argumentos falsos para xustificarse que na nova lei de montes veciñais, que está a preparar a Consellería do Medio Rural, se pretenda eliminar  o carácter xermánico dos montes veciñais para poder proceder a súa municipalización ou a súa privatización. En ambos casos, para roubarllos á veciñanza comuneira .

        Na xeración destas información tendenciosas contra os montes veciñais en man común tamén participa a Dirección Xeral de Defensa do monte, autor do Pladiga, cando insinua que a forma  de titularidade, logo a forma de xestión dos montes, son os que provocan os lumes. Dende a ORGACCMM entendemos que estas manifestacións son impresentabeis, ademais  de ser sacadas da manipulación dos datos.

          A cuestión non se atopa nos datos das superficies queimadas por tipos de montes que aparecen no Pladiga 2025, que non dubidamos que sexan certos. A cuestión está en que se oculta o lugar onde se inician os lumes. Cuestión que se agrava porque estes datos existen, grazas a importante labor que levan  os equipos de investigación da Consellería do Medio Rural e das forzas de seguridade sobre a orixe dos lumes. Deste xeito, poderíase comprobar que maioría do inicio dos lumes non se dan nos montes veciñais.

Non son nos montes veciñais onde se orixinan a maioira do lumes. Pola contra, os montes veciñais son as terras que sofren as consecuencias dos lumes  cando estes adquiren grandes dimensións dende os seus lugares de inicio. Motivados principalmente por unha errada política de prevención da Conselleria do Medio Rural.

        Dende a ORGACCMM esiximos a Dirección Xeral de Defensa do monte que faga públicos os lugares onde se iniciaron os lumes na última década, se non quere ser cómplice deste ataque contra os montes veciñais en man común.

SE OS MONTES VECIÑAIS VEÑEN A ROUBAR COA VECIÑANZA COMUNEIRA SE VAN ATOPAR

Na asemblea xeral, de carácter ordinario, celebrada o dia 22 de Marzo de 2025 en Valadares (Vigo), acordouse, convocar unha manifestación no momento que se faga público o borrador para a futura lei de montes veciñais. Unha nova lei de montes veciñais que, segundo está escrito no chamado Libro Branco para a regulación dos montes veciñais, o que pretende é eliminar o carácter xermánico destas terras veciñais para proceder a súa privatización ou a súa municipalización .

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), entendemos que as comunidades de montes deberíamos  comenzar a traballar para explicar o que verdadeiramente significa a nova lei de montes veciñais que pretende sacar a Consellaria do Medio Rural, para que, cando se convoque a manifestación, a resposta sexa tan contundente que sexa capaz de parar o roubo que pretenden.

Para sensibilizar á veciñanza comuneira, as xuntas reitoras das comunidades de montes deben empregar os métodos que consideren máis oportunos. A asemblea xeral da ORGACCMM, celebrada o pasado dia 22 de Marzo, entende que algúns destes métodos poderían ser :

  •   Seguir recollendo entre as diversas organizacións, de diversa índole das parroquias, sinaturas de apoio a proposta de lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM.
  •   Levar o tema da futura lei de montes veciñais ás asembleas xerais das comunidades de montes.
  •   Realizar charlas, conferencias, actos… para debatir a futura lei de montes veciñais .

Se as comunidades de montes entenden que para levar adiante esta campaña de sensibilización de cara a manifestación que se vai convocar é interesante a presenza de membros da xunta reitora da ORGACCMM, somentes teñen que solicitala .

Por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías socias do noso país

Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Os montes veciñais en man común non son nen titularidades públicas, nen titularidades privadas. Sen embargo, tanto a lexislación galega como a lexislación estatal, sitúa a estas terras no ámbito da propiedade privada. Cando unha mesma lei se aplica a realidades distintas, cometen-se irregularidades e inxustizas con algunha delas. E este é o que acontece co monte veciñal. 

As veces aplicase-lle o dereito romano e sitúan os montes veciñais como suxeitos pasivos no Imposto sobre Sociedades como se fosen empresas mercantís, ou permite-se a perda da titularidade a favor de terceiros. Outras veces aplicase-lle o dereito xermánico e impide-se que as comunidades de montes actúen como comunidades enerxéticas locais, ou vender conxuntamente os produtos do monte.

Toda esta inseguridade xurídica dificulta, cando non impide, acadar un monte veciñal multifuncional e a mellora da calidade de vida da veciñanza comuneira. A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería asegurar que as comunidades de montes, sen perder as súas características, poidan desenvolverse en todos os eidos, no marco xurídico actual. 

Organismos internacionais como son a ONU, a FAO e a Unión Europea, propoñen que o futuro dos montes pasa por avanzar cara a unha tenencia máis xusta destes territorios evitando a apropiación dos mesmos en poucas mans e dar protagonismo na súa posta en valor aos titulares dos montes. Estas propostas de futuro que defenden estes organismos internacionais levan-se dando en Galiza desde tempos inmemoriais a través da veciñanza comuneira, dado que na xestión das comunidades de montes conxuga-se territorio, persoas e gobernanza democrática e popular.  E ademais e necesario que a posta en valor dos montes se faga de xeito multifuncional. 

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería avanzar no funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes e dentro dunha lexislación xeral acaida, con plena capacidade de decisión da veciñanza comuneira en canto a como pór en valor as súas terras comunitarias. Ademais de multifuncional, a posta en valor dos montes veciñais, ten que ser sustentábel.

Entendendo por sustentabilidade a acción de acadar unha prosperidade económica sostida no tempo, protexendo os sistemas naturais e prevendo unha calidade de vida para as persoas. A finalidade da sustentabilidade e que exista un desenvolvemento económico e social respectuoso co medio ambiente. Os montes veciñais por ser titularidades de carácter xermánico, son terras abertas, e as funcións sociais, medioambientais e culturais que cumpren benefician a toda a sociedade e deben ser desfrutadas por esta, de xeito universal.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego debería tamén considerar os montes veciñais como figuras de protección medioambiental e cultural en si mesmos. E ademais, recoller que dos prexuízos que puidesen acontecer neste uso universal das funcións sociais, medioambientais e culturais, non poden recaer responsabilidades civís e penais para as comunidades de montes.

Os montes veciñais, como titularidades comunitarias que son, no Estado Español so existen en Galiza, con raras excepcións en zonas limítrofes. Maila esta situación, Galiza non ten competencias exclusivas sobre os montes veciñais. Ten-nas sobor os seus aproveitamentos mas mesmo de xeito limitado xa que están suxeitos a lei de montes do Estado por ser esta unha lei marco.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego debería reclamar as competencias plenas sobre os montes veciñais, desde o seu réxime xurídico até as cuestións fiscais, pasando por todos os aproveitamentos que se dan no subsolo, no solo e no voo dos montes veciñais en man común, que deben ser considerados como recursos dos montes veciñais.

 

Presentan unha declaración por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais

A Organización galega de  comunidades de montes arropada polas organizacións sincicais e ecoloxistas, Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco, Orgaccmm e o SLG presentaron, en Compostela,  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais” e informar do calendario da reunión cos partidos políticos e coa Federación Galega de municipios e provincias.

Unha declaración que ao contrario da privatización que pretende a Consellaría do medio rural, esixe que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a sua posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Porén a Consellaría do medio rural pretende mediante a nova lei permitir a privatización dos montes veciñais para engregarllos á industria madereira.

Por iso, a Organización galega de comunidades de montes arropada polas organizacións sindicais e ecoloxistas do país (Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco e o SLG) presentaron, en Compostela  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais”. Para esixir que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel. 

[DESCARGAR] Declaración por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais

ASEMBLEA XERAL 2025 – VALADARES (VIGO)

O sábado 22 de Marzo de 2025,  ás 10 horas, no salón de actos do Centro veciñal e cultural de Valadares en Vigo (Camiño do Pedregal, 6)  celebrarase a asemblea xeral da Organización Galega de comunidades de montes. Encontro aberto á participación de todas as comunidades de montes galegas.

O tema central a debatir nesta asemblea xeral será a futura lei de montes veciñais que promove a Consellería de medio rural e da que está previsto que o seu borrador se publique no vindeiro mes de xuño. Polo contido do chamado Libro Branco para a regulamentación dos montes veciñais e polas últimas declaracións públicas de responsabeis desta consellaría, podemos anticipar que a intención da nova lei é eliminar o carácter xermánico destas terras para poder proceder a súa municipalización e privatización.

Dende a ORGACCMM entendemos que a supervivencia dos montes veciñais en man común como o que sempre foron, é dicir, titularidades da veciñanza comuneira, atópase nun momento crítico. Tamén entendemos que a única resposta para parar este roubo dos montes veciñais está nas propias mans das comunidades de montes. Se as comunidades de montes nos unimos, a lei de montes veciñais en man común que sairá no Parlamento Galego será unha lei que reforce o carácter xermánico destas terras para estar ao servizo da veciñanza comuneira, únicos lexítimos titulares dos montes veciñais.

Nesta asemblea xeral tamén se informará da situación na que quedan os montes veciñais na zona marítimo-terrestre logo de que se aprobase no Parlamento Galego a lei de Ordenación e Xestión integrada do litoral de Galicia.

En Valadares, Vigo,  pode ser o lugar onde as comunidades de montes acordemos as formulas para a defensa dos montes veciñais.  Por iso é tan importante, máis que nunca, a vosa asistencia e participación.

+ información no móbil 649137135 ou no correio xapegonda@gmail.com