CAPTURA DE CO2 DAS MASAS BOSCOSAS XESTIONADAS.

Organización Galega de Comunidades de Montes, foi a única organización que criticou publicamente a aplicación en Galiza do decreto promulgado polo Ministerio de Transición Ecoloxica e Reto Democrático  intitulado “Rexistro de pegada de carbono,compensación e proxetos de absorción de carbono”.

A crítica viña motivada porque a aplicación de esta decreto en Galiza era negativo xa que, as únicas masas boscosas que capturarian CO , e xa que logo compensados os titulares ,eran as masas boscosas plantadas logo de un lume ou producto da forestación das terras agrarias.

E decir, en Galiza a aplicación do decreto  de Rexistro de pegada de caorbono, compensación  e proxectos de absorción de carbono significan fomento da industria do lume  e a eliminación de superficie útil agraria nun pais no que esta superficie non só é cativa, senon que ademais disminue ano a ano .

Ante esta situación, a ORGACCMM demandou diante do Parlamento Galego, do Ministerio de Transición Ecolóxica e da Oficina europea contra o cambio climático que as masas boscoas xestiónadas tamén foran consideradas capturadores do CO2.

No Parlamento Galego o Partido Popular rexeitou toda as iniciativas presentadas referente a esta cuestión e o Ministerio de Transición Ecolóxica nin contestou. Quen si deu resposta aceptando as demandas da ORGACCMM e acordando instar ao goberno central a considerar como capturadores do C02 , foi a Oficina Europea contra o cambio climático.

Dias atrás o grupo parlamentar o Partido Popular presentou unha iniciativa para  reclamar do Ministerio de Transición Ecolóxica que cumpla co recomendación da Unión Europea e faga un cambio de criterio modificando o decreto que regula o Rexistro de pegada de carbono, compensación e proxetos de absorción de dioxido de carbono para primar como superficies secuestradoras de carbono tamén aquelas derivadas dunha xestión forestal.

E acaido que os grupos políticos fagan súas as reivindicación das organizacions sectoriais. O que non é correcto e que se leve adiante unha apropiación indebida das demandas das organizacións sectoriais, sen alomenos citar a fonte  como fixo o Partido Popular nesta cuestión.

Reunión de comunidades de montes do Baixo Miño

O pasado 3 de Febreiro as comunidade de montes veciñais en man común do Baixo Miño e a ORGACCMM mantiveron unha reunión para  valorar o acordo unánime do Parlamento Galego para instar ao Parlamento español a  modificar a lei de Costas de xeito que os montes veciñais en man común afectados pola demarcación marítimo-terrestre non sexan confiscados.  Solicítase que a afección dos terreos englobados na demarcación non implique a perda da titularidade veciñal como ven sucedendo.

As comunidades de montes veciñais en man común do Baixo Miño valoraron como moi importante este acordo, pero coñendo que non é definitivo, xa que o Parlamento galego non ten competencia en materia de costas e non será unha realidade até que o aprobe o Congreso.

As comunidades de montes agardan que o sentido do voto dos partidos galegos que teñen representación en Madrid sexa o mesmo que votaron no Parlamento Galego .

Na reunión, as comunidades de montes participantes lamentaron que fora rexeitada no Parlamento galego unha segunda iniciativa, presentada tamén polo grupo parlamentar do BNG, na que se solicitaba a modificación do Código Civil Español para que se recoñocese a titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas.

Comenza a recollida de sinaturas para sacar adiante unha ILP que protexa o monte comunal

  • A Organización galega de comunidades de montes iniciará na súa asemblea do 19 de febreiro a campaña de recollida de sinaturas que avalen a ILP recén rexistrada no Parlamento galego.

A ORGACCMM celebrará o vindeiro sábado, 19 de febreiro, no concello de Guitiriz, a súa asemblea xeral. Na asemblea se presentará a campaña para recabar as 10.000 sinaturas necesarias para avalar a Inciativa Lexislativa Popular rexistrada recentemente pola organización no Parlamento galego.

A Organización galega de comunidades de montes pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras.

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia. Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir.

Os principios fundamentais que motivan a presentación desta ILP son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel, e unha fiscalidade axeitada a figura e as funcións dos montes veciñais .

O parlamento galego acorda defender os montes veciñais nas zonas de dominio marítimo terrestre.

  • A deputada do BNG, María Albert, presentou, a instancias da Organización galega de comunidades de montes, onte no Parlamento Galego unha iniciativa lexislativa para que a Xunta de Galiza demande ao Goberno estatal o inicio dos trámites precisos para proceder a reformar a lei de Costas para que os montes veciñais en man común poidan existir legalmente dentro da zona de dominio marítimo-terrestre e do deslinde de costas.

A ORGACCMM resalta a importacia do acordo acadado no Parlamento Galego e que contou co respaldo de todas as forzas políticas con representación. Para as comunidades de montes é fundamental paralizar a confiscación dos montes veciñais en man común que se estaba producindo dende as axencias territoriais do Catastro. Ditas axencias estiveron informando ás comunidades de montes que os montes veciñais en man común ubicados dentro das zonas de dominio marítimo-terrestre deixaban de ser titularidades veciñais para pasar a ser titularidade do Estado español.

Pola contra a Orgaccmm lamenta que o Parlamento galego rexeitara a solicitude de modificación do código civil para que se recoñeza a propiedade comunal e se considere legalmente en igualdade coa titularidade publica ou privada. Esta outra iniciativa lexislativa, promovida pola Orgaccmm, foi presentada tamén pola deputada do BNG, Maria Albert. Pero foi rexeitada tanto polo Partido Popular e como polo Partido Socialista de Galicia.

Día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal

 

  • A ORGACCMM xunto co INGATECO celebran o «Día da loita da veciñanza comuneira na defensa o monte veciñal», este sábado 22  de xaneiro no salón de actos do concello de Mazaricos.

Con estos actos conmemorativos a Organización galega de comunidades de montes e o Instituto galego das terras comunitarias queren rendir homenaxe á veciñanza comuneira pola súa loita na defensa do monte veciñal. Unha loita de resistencia contra o expolio das terras comunitarias que tivo o seu suceso mais tráxico o dia 22 de xaneiro de 1963 no monte veciñal de Eirón, concello de Mazaricos. Ese fatídico día, o veciño comuneiro Xose Esperante, apodado «Che de Pedro», foi asasinado polas forzas do orde público cando xunto con outros veciños/as comuneiros/as tentaban impedir que as maquinas do Patrimonio Forestal Español entrasen no seu monte veciñal co fin de votar o gando e proceder a facer unha plantación de eucaliptos.

 

PROGRAMA DE ACTOS:

11:00 Horas:

  • Recepción do alcalde de Mazaricos
  • Saúdo do presidente da ORGACCMM
  • Presentación da Unidade Didactica  “Terras comunitarias/montes veciñais” a cargo do Pte do INGATECO.

12:15 Horas

  •  Desplazamento ata o monte veciñal de Eirón, lugar dos sucesos acaecidos no ano 1963  e onde está situado o monumento conmemorativo.

13:00Horas:

  • Acto conmemorativo do «día da loita da veciñanza comuneira na defensa  do monte veciñal».
  • Presentación e intervención do presidente de INGATECO
  • Intervención do presidente da ORGACCMM
  • Ofrenda floral
  • Himno Galego

NOTA: Para facer o desplazamento desde o salón de actos do concello de Mazaricos ate o monte veciñal de Eirón disporase de autobuses. Quen queira facer uso dos mesmos debe comunicalo ao mobil 649137135 antes do día 19 de Xaneiro.

Presentación dunha ILP para acadar unha Lei que protexa os montes comunais

 

 

 

  • A ORGACCMM pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras.

Sinalan que a campaña do Partido Popular para confiscar os montes comunais comenzou no ano 2012 coa promulgación de lei de montes de Galiza. Deu un chanzo importante neste intento coa lesiva lei de acompañamentos os orzamentos da Xunta de Galiza do presente ano, na que o Partido Popular regulaba a usurpación dos montes veciñais en man común á veciñanza comuneira para entregarllos os concellos e as industrias madereiras. E agora, a Conselleria do Medio Rural pretende dar o golpe definitivo ao roubo dos montes veciñais ao incluir no orde do dia do Consello Forestal a celebrar o vindeiro 18 do Xaneiro un punto para o “Inicio da revisión normativa que regula os montes veciñais“. Así, denuncian desde a ORGACCMM, o Partido Popular quere dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica e eliminar o seu carácter comunal e intrasferible.

Desde a Organización Galega de Montes Comunais resaltan que toda esta política usurpardora e confiscadora dos montes veciñais en man común está sendo levada a cabo sen contar coa opinión das comunidades de montes quen son os lexitimos titulares dos montes veciñais.

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia. Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir. Os principios fundamentais que motivan a presentación desta Iniciativa Lexislativa Popular son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel, e unha fiscalidade aaxeitada a figura e as funcións dos montes veciñais .

Non ao espolio dos montes comunais

  • Organización galega de comunidades de montes xunto coas organizacións que compoñen a plataforma Por un monte galego con futuro convocan unha concentración o mércores 24 ás 11:30h diante do Parlamento galego para rexeitar un novo intento do Partido Popular de  espoliar os montes comunais.

Na lei de acompañamento, que se vai debater no Parlamento galego o dia 24 , a Xunta de Galicia pretende aprobar dúas modificacións da Lei de montes veciñais. Dúas modificacións que supoñen un agresión importante aos dereitos da veciñanza comuneira e á protección dos montes veciñais.

Alertan que de aprobarse estas modificacións, aqueles montes veciñais onde non exista veciñaza  ou sexan declarados en estado de grave abandono pasarán a ser de titularidade dos concellos e a súa xestión e explotación a mans de empresas madeireiras.  A Consellería de Medio Rural se arroga o poder de decretar o estado de abandono  por meros retrasos ou deficiencias en cuestións administrativas.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperara xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM  e a plataforma Por un monte galego con futuro fan un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestionan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

 

Un novo intento de usurpar os montes comunais

  • A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle a veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais para entregarlla de balde a terceiros.

A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022.

Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado pra que este sexa enaxenado e entregado a unha empresa forestal para que o explote. Esta declaración de monte veciñal abandoado  pode basearse en cuestións meramente burocráticas como pode ser o non envío en tempo do listado da veciñanza comuneira.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperara xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte.

A ORGACCMM fai un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestinan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

Reunión con Costas e Catastro para frear a incautación de montes comunais

  • A Organización Galega de Comunidades de Montes comenzou a rolda de reunións con representantes del gobierno estatal para paralizar a incautación dos terreos litorais das comunidades de montes.

A Organización Galega de Comunidades de Montes está moi preocupada polas comunicacións do catastro recibidas que anunciaban que as terras de monte veciñal incluidas na demarcación marítimo-terrestre pasaban a ser de titularidade da Administración do Estado. Mediante estas comunicacións o Ministerio de Economia e Facenda, as xerencias territoriais dos catastros, estaba procedendo a unha confiscación dos montes veciñais en mán común amparándose nunha lexislación que non recoñece a realidade de Galiza.

Ante esta situación a ORGACCMM representada polo seu presidente, Xosé Alfredo Pereira, e a súa coordinadora, Violeta de Santiago, xunto con representantes das Comunidades de Montes de San Miguel, Tabagón do Rosal, e de Salcidos da Guarda, tiveron unha reunión coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba e técnicos de Costas e Catastro.

Foi unha primeira toma de contacto que a Organización Galega de Comunidades de Montes valora positivamente. «Ademais de poñer enriba da mesa as cuestións que nos preocupan, comprobamos con agrado a boa disposición e receptividade tanto da Subdelegada como dos técnicos asistentes e quedamos emprazados a seguir traballando para acadar solucións» resume Violeta de Santiago, coordinadora da Organización galega de comunidades de montes.