Manifestación 22 de abril en Compostela
Pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira
Contra o modelo de monte só forestalista, promovido tanto pola Dirección Xeral de Ordenación e planificación forestal, da Xunta de Galicia, como polo loby forestalista, a Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), convoca unha manifestación o dia 22 de Abril en Compostela.
Os lemas da manifestación serán:
Pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira
Por un plano forestal para un medio rural vivo
Apoiada polas organizacións Adega, Apdr, Atrifoga, Cig, Fruga e o SLG .
DESARGA:
LEE: ARTIGO DE XOSÉ ALFREDO PEREIRA
Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos invasores deberían erradicarse
Características que fan aos eucaliptos nocivos para o medio natural
O seu rápido crecemento e alta adaptabilidade a todo tipo de chans, fan que especies de eucaliptos como o E. globulus, E. nitens, E. camandulensis, E. gomphocephala, E. gunnii e E. sideroxylon, entre outras, sexan para o Comité Científico «nocivas para o medio natural dos lugares onde se cultivan». Eis algunhas das razóns:
- Provocan o empobrecimento das cadeas tróficas, pola dificultade da descomposición das follas, o que inibe a incorporación de materia orgánica ao solo e a mineralizacfión do nitóxeno.
- Alteran as propiedades físico-químicas, bioquímicas e microbiolóxicas do solo, en maior medida que os lumes en bosques autóctonos de carballos; e diminúen o balanzo hídrico do chan.
- Amosan actividade allopática, dificultando a xerminación e o crecemento doutars especies.
- Provocan perda de biodiversidade tanto vexetal como animal, aumentando o risco de instalación doutras invasoras. Supoñen tamén unha fragmentación dos ecosistemas naturais.
- Colonizan espazos abertos, desprazando ás colonizadoras autóctonas, sobre todo despois dos lumes, o que fai que actúen como as «malas herbas».
- Son difíciles de erradicar, polo que o seu control supón un alto custo para a economía.
- Teñen un elevado risco de lumes pola acumulación de follas e a presenza de aceites inflamábeis. Por iso as zonas plantadas con eucaliptos poden entrar nun bucle de retroalimentación (o eucalipto favorece o lume e este favorece ao eucalipto sobre outras especies) que resulta difícil de rachar.
- Favorecen a introdución de especies asociadas, insectos e fungos, que desprazan ás autóctonas.
Xa que logo, o Comité conclúe que «calquera especie ou híbrido de Eucalyptus introducida para a explotación forestal debe considerarse potencialmente perigosa para o medio natural e debe tratarse do mesmo xeito, evitando sa súa naturalización e erradicándoa no intre de detectar a súa naturalización.
MANIFESTACIÓN. Domingo 22 de abril ás 12,00 h en Compostela
Coas últimas modificacións da Lei de Montes Veciñáis en Man Común xunto a revisión do Plano Forestal de Galiza, o Partido Popular quere ROUBAR o monte veciñal as Comunidades de Montes. A Consellería de Medio Rural convertese en xuiz e parte para declarar un monte veciñal en estado de abandono, e intervilo por causas burocráticas e administrativas como non elexir a xunta rectora a tempo, incumplir algún artigo da Lei de Montes de Galiza ou da de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestáis. Con elo xustifica a entrega do monte a unha empresa privada por 50 anos sen posibilidade de recuperación nese período. Ademáis pretende DESCLASIFICAR montes veciñais que teñan entre os seus usos o social.
O Partido Popular, quere PRIVATIZAR e DESCLASIFICAR os montes veciñáis en man común para que desapareza do Noso País ésta forma de posuir que temos os galegos e galegas. Fica claro que para éste grupo o Medio Rural non ten futuro. Polo tanto, só interesa para a implantación de aproveitamentos agresivos, que non xeran valor engadido, ou equipamentos e instalacións para as elítes (campos de golf, centros comerciáis, urbanizacións de luxo,…).
Na revisión do Plano Forestal de Galiza fica clara esa idéa cando apostan por incrementar a superficie de eucalipto, potenciar os cultivos enerxéticos, e non polas madeiras de calidade das frondosas, ou pola multifuncionalidade.
NOS, a veciñanza comuneira, e o pobo galego en xeral, temos que parar éste ROUBO do monte veciñal e con elo a destrucción do Medio Rural. Temos a obriga de movilizarnos e acodir a MANIFESTACIÓN organizada pola ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES, apoiada por FRUGA, CIG, SLG, ADEGA, ATRIFOGA e APDR. Terá lugar o vindeiro Domingo 22 de Abril de 2018, as 12,00 horas en Santiago de Compostela, con saída dende a Estación de Renfe.
ACTO EN PONTEAREAS
Iniciativa lexislativa popular
A ORGACCMM, conxuntamentes con Adega, Fruga e Cig, elaborou unha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular para a protección e mellora dos habitats de boque autoctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais .
Para que esta proposición de lei se debata no Parlamento Galego e preciso a recollida de , alo menos , 10.000 sinaturas, antes do 24 de Marzo de 2018.
Se queres votar unha mán nesta recollida de sinaturas,podes pedir os pregos chamando a ORGACCMM.
Axudas para accións silvicolas de prevención de danos causados polos incendios
ORDE DE AXUDAS.
No Diario Oficial de Galiza do dia 8 de Xaneiro de 2018 sae unha liña de axudas para accions silvicolas de prevención de danos causados aos montes por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor medioambiental dos montes.
As accions que se poden solicitar son:
1-Tratamentos silvicolas (desbreces ,podas , clareos ) coa finalidade de prevención de incendios.
2-Tratamentos silvicolas(claras, podas , talas de formación ,desbroces) e plantacions puntuais de determinados arbores ,directamente vinculadas aos valores ecolóxicos dos montes que non teñan caracter productivo .
As cuantidas das axudas son do 100% e o prazo de presentación das solicitudes e de 30 dias hábiles contados a partir do dia seguinte da publicación no DOGA, máis información .
Benvidos
Benvidos á páxina da organización galega de montes comunais en man común-ORGCCMM. Pulsa na cabeceira para entrar na páxina, ou ben aquí.
AXUDAS PARA A PREVENCION E LOITA CONTRA OS LUMES FORESTAIS.
-No Diario Oficial de Galicia do dia martes 19 de Decembro de 2017, saeu publicada a orde para que as comunidades de montes veciñais poidan solicitar axudas para a prevención e loita contra os lumes forestais. O prazo de presentación das mesmas remata o dia 20 de xaneiro dd 2018. E teñen que ser presentadas obrigatoriamente por via electrónica .
-Hai duas liñas de axudas : Control selectivo do combustibel e construción de puntos de auga .A superficie mínima para poder solicitar as axudas e de 100has. Hai posibilidades de facer os traballos, que somentes poden ser mecanicados, por medios propios .
-As actuacions que se poden facer son:
+Control selectivo en areas de cortalumes, faixas auxiliares de pistas, desbroce en rexenerado natural. A subvención e do 100% .
+Construción de puntos da agua .Esta actividade tamén será subvencionada ao 100% .