I ENCONTRO OBSERVATORIO DOS MONTES EN MAN COMÚN E BALDIOS

VENRES 16 DE MAIO
FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAS
CAMPUS LAGOAS MARCOSENDE – UVIGO

10:00-10:30 APERTURA
FUNDACIÓN JUANA DE VEGA
FUNDACIÓN ISLA COUTO
UNIVERSIDADE DE VIGO

10:30-11:15 PRESENTACIÓN DO OBSERVATORIO XAVIER MARTINEZ COBAS
RESULTADOS DA ENQUISA AS CMVMC DE GALICIA BEATRIZ ZUGAZAGOITIA

11:15-12.00 OS BALDIOS PORTUGUESES

PAUSA

12:30-13:45 PRIMEIRA MESA REDONDA: SERVIZOS ECOSISTÉMICOS DO MONTE COMUNAL

XUNTA DE GALICIA LIÑAS DE AXUDA
RURALtXA! E LIFE IN COMMON LAND
O VALOR SOCIAL DO MONTE COMUNAL VINCIOS

PAUSA

15:30-16:45 SEGUNDA MESA REDONDA: A XESTIÓN DO MONTE A TRAVÉS DO GANDO

BALDIO PORTUGUÉS
CMVMC ROSAL
CMVMC BAROÑA

17:00-18:15 TERCEIRA MESA REDONDA: XERAR, CONSERVAR E COMPARTIR COÑECEMENTO

AS MANCOMUNIDADES: MANCOMUNIDADE DE MONTES DE BAIXO MIÑO
ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES e A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA

18:30-19:00 CONFERENCIA CIERRE: TOBIAS HALLER: Regional Coordinator for the International Association for the Study of the Commons (IASC) Europe

Resposta as informacións manipuladoras contra os montes veciñais

         Os enemigos do monte veciñal en man común, aproveitando que o Pladiga (Plan de prevención  e de defensa contra os incendios forestais) do ano 2025 recolle que na última década houbo máis superficie queimada de monte veciñal que superficie queimada de montes de propiedade privada, están lanzando informacións manipuladoras. Como que os montes veciñais en man común teñen máis posibilidades de arder que os montes particulares. Estas consignas manipuladoras teñen como  obxetivo o de  crear argumentos falsos para xustificarse que na nova lei de montes veciñais, que está a preparar a Consellería do Medio Rural, se pretenda eliminar  o carácter xermánico dos montes veciñais para poder proceder a súa municipalización ou a súa privatización. En ambos casos, para roubarllos á veciñanza comuneira .

        Na xeración destas información tendenciosas contra os montes veciñais en man común tamén participa a Dirección Xeral de Defensa do monte, autor do Pladiga, cando insinua que a forma  de titularidade, logo a forma de xestión dos montes, son os que provocan os lumes. Dende a ORGACCMM entendemos que estas manifestacións son impresentabeis, ademais  de ser sacadas da manipulación dos datos.

          A cuestión non se atopa nos datos das superficies queimadas por tipos de montes que aparecen no Pladiga 2025, que non dubidamos que sexan certos. A cuestión está en que se oculta o lugar onde se inician os lumes. Cuestión que se agrava porque estes datos existen, grazas a importante labor que levan  os equipos de investigación da Consellería do Medio Rural e das forzas de seguridade sobre a orixe dos lumes. Deste xeito, poderíase comprobar que maioría do inicio dos lumes non se dan nos montes veciñais.

Non son nos montes veciñais onde se orixinan a maioira do lumes. Pola contra, os montes veciñais son as terras que sofren as consecuencias dos lumes  cando estes adquiren grandes dimensións dende os seus lugares de inicio. Motivados principalmente por unha errada política de prevención da Conselleria do Medio Rural.

        Dende a ORGACCMM esiximos a Dirección Xeral de Defensa do monte que faga públicos os lugares onde se iniciaron os lumes na última década, se non quere ser cómplice deste ataque contra os montes veciñais en man común.

SE OS MONTES VECIÑAIS VEÑEN A ROUBAR COA VECIÑANZA COMUNEIRA SE VAN ATOPAR

Na asemblea xeral, de carácter ordinario, celebrada o dia 22 de Marzo de 2025 en Valadares (Vigo), acordouse, convocar unha manifestación no momento que se faga público o borrador para a futura lei de montes veciñais. Unha nova lei de montes veciñais que, segundo está escrito no chamado Libro Branco para a regulación dos montes veciñais, o que pretende é eliminar o carácter xermánico destas terras veciñais para proceder a súa privatización ou a súa municipalización .

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), entendemos que as comunidades de montes deberíamos  comenzar a traballar para explicar o que verdadeiramente significa a nova lei de montes veciñais que pretende sacar a Consellaria do Medio Rural, para que, cando se convoque a manifestación, a resposta sexa tan contundente que sexa capaz de parar o roubo que pretenden.

Para sensibilizar á veciñanza comuneira, as xuntas reitoras das comunidades de montes deben empregar os métodos que consideren máis oportunos. A asemblea xeral da ORGACCMM, celebrada o pasado dia 22 de Marzo, entende que algúns destes métodos poderían ser :

  •   Seguir recollendo entre as diversas organizacións, de diversa índole das parroquias, sinaturas de apoio a proposta de lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM.
  •   Levar o tema da futura lei de montes veciñais ás asembleas xerais das comunidades de montes.
  •   Realizar charlas, conferencias, actos… para debatir a futura lei de montes veciñais .

Se as comunidades de montes entenden que para levar adiante esta campaña de sensibilización de cara a manifestación que se vai convocar é interesante a presenza de membros da xunta reitora da ORGACCMM, somentes teñen que solicitala .

Por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías socias do noso país

Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Os montes veciñais en man común non son nen titularidades públicas, nen titularidades privadas. Sen embargo, tanto a lexislación galega como a lexislación estatal, sitúa a estas terras no ámbito da propiedade privada. Cando unha mesma lei se aplica a realidades distintas, cometen-se irregularidades e inxustizas con algunha delas. E este é o que acontece co monte veciñal. 

As veces aplicase-lle o dereito romano e sitúan os montes veciñais como suxeitos pasivos no Imposto sobre Sociedades como se fosen empresas mercantís, ou permite-se a perda da titularidade a favor de terceiros. Outras veces aplicase-lle o dereito xermánico e impide-se que as comunidades de montes actúen como comunidades enerxéticas locais, ou vender conxuntamente os produtos do monte.

Toda esta inseguridade xurídica dificulta, cando non impide, acadar un monte veciñal multifuncional e a mellora da calidade de vida da veciñanza comuneira. A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería asegurar que as comunidades de montes, sen perder as súas características, poidan desenvolverse en todos os eidos, no marco xurídico actual. 

Organismos internacionais como son a ONU, a FAO e a Unión Europea, propoñen que o futuro dos montes pasa por avanzar cara a unha tenencia máis xusta destes territorios evitando a apropiación dos mesmos en poucas mans e dar protagonismo na súa posta en valor aos titulares dos montes. Estas propostas de futuro que defenden estes organismos internacionais levan-se dando en Galiza desde tempos inmemoriais a través da veciñanza comuneira, dado que na xestión das comunidades de montes conxuga-se territorio, persoas e gobernanza democrática e popular.  E ademais e necesario que a posta en valor dos montes se faga de xeito multifuncional. 

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería avanzar no funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes e dentro dunha lexislación xeral acaida, con plena capacidade de decisión da veciñanza comuneira en canto a como pór en valor as súas terras comunitarias. Ademais de multifuncional, a posta en valor dos montes veciñais, ten que ser sustentábel.

Entendendo por sustentabilidade a acción de acadar unha prosperidade económica sostida no tempo, protexendo os sistemas naturais e prevendo unha calidade de vida para as persoas. A finalidade da sustentabilidade e que exista un desenvolvemento económico e social respectuoso co medio ambiente. Os montes veciñais por ser titularidades de carácter xermánico, son terras abertas, e as funcións sociais, medioambientais e culturais que cumpren benefician a toda a sociedade e deben ser desfrutadas por esta, de xeito universal.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego debería tamén considerar os montes veciñais como figuras de protección medioambiental e cultural en si mesmos. E ademais, recoller que dos prexuízos que puidesen acontecer neste uso universal das funcións sociais, medioambientais e culturais, non poden recaer responsabilidades civís e penais para as comunidades de montes.

Os montes veciñais, como titularidades comunitarias que son, no Estado Español so existen en Galiza, con raras excepcións en zonas limítrofes. Maila esta situación, Galiza non ten competencias exclusivas sobre os montes veciñais. Ten-nas sobor os seus aproveitamentos mas mesmo de xeito limitado xa que están suxeitos a lei de montes do Estado por ser esta unha lei marco.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego debería reclamar as competencias plenas sobre os montes veciñais, desde o seu réxime xurídico até as cuestións fiscais, pasando por todos os aproveitamentos que se dan no subsolo, no solo e no voo dos montes veciñais en man común, que deben ser considerados como recursos dos montes veciñais.

 

Presentan unha declaración por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais

A Organización galega de  comunidades de montes arropada polas organizacións sincicais e ecoloxistas, Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco, Orgaccmm e o SLG presentaron, en Compostela,  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais” e informar do calendario da reunión cos partidos políticos e coa Federación Galega de municipios e provincias.

Unha declaración que ao contrario da privatización que pretende a Consellaría do medio rural, esixe que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a sua posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel.

Os montes veciñais en man común ocupan 1⁄4 do territorio galego e 1⁄3 da superficie catalogada como monte. Conforman unha titularidade singular de Galiza por ser titularidades de carácter xermánico. Son terras inalienábeis, imprescriptíbeis, indivisíbeis e inembargábeis e sen asignación de cotas. A titularidade dos montes veciñais en man común corresponde-lle sempre a veciñanza comuneira (persoas que viven no lugar, aldea ou parroquia, onde se asenta o monte veciñal), non entendida como ente administrativo, senón como un grupo social.

A lei de montes veciñais que se aprobe no Parlamento Galego, debería reforzar o carácter xermánico de estas terras e recoñecer a titularidade veciñal como unha mais, distinta en pé de igualdade, coas titularidades públicas e privadas. Porén a Consellaría do medio rural pretende mediante a nova lei permitir a privatización dos montes veciñais para engregarllos á industria madereira.

Por iso, a Organización galega de comunidades de montes arropada polas organizacións sindicais e ecoloxistas do país (Adega, Cig, Ecoloxistas en Acción, Fruga, Ingateco e o SLG) presentaron, en Compostela  unha declaración conxunta por “Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais do noso Pais”. Para esixir que a futura lei de montes veciñais debe reforzar o carácter xermánico de estas terras e facilitar a súa posta en valor de xeito multifuncional e sustentabel. 

[DESCARGAR] Declaración por unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais

ASEMBLEA XERAL 2025 – VALADARES (VIGO)

O sábado 22 de Marzo de 2025,  ás 10 horas, no salón de actos do Centro veciñal e cultural de Valadares en Vigo (Camiño do Pedregal, 6)  celebrarase a asemblea xeral da Organización Galega de comunidades de montes. Encontro aberto á participación de todas as comunidades de montes galegas.

O tema central a debatir nesta asemblea xeral será a futura lei de montes veciñais que promove a Consellería de medio rural e da que está previsto que o seu borrador se publique no vindeiro mes de xuño. Polo contido do chamado Libro Branco para a regulamentación dos montes veciñais e polas últimas declaracións públicas de responsabeis desta consellaría, podemos anticipar que a intención da nova lei é eliminar o carácter xermánico destas terras para poder proceder a súa municipalización e privatización.

Dende a ORGACCMM entendemos que a supervivencia dos montes veciñais en man común como o que sempre foron, é dicir, titularidades da veciñanza comuneira, atópase nun momento crítico. Tamén entendemos que a única resposta para parar este roubo dos montes veciñais está nas propias mans das comunidades de montes. Se as comunidades de montes nos unimos, a lei de montes veciñais en man común que sairá no Parlamento Galego será unha lei que reforce o carácter xermánico destas terras para estar ao servizo da veciñanza comuneira, únicos lexítimos titulares dos montes veciñais.

Nesta asemblea xeral tamén se informará da situación na que quedan os montes veciñais na zona marítimo-terrestre logo de que se aprobase no Parlamento Galego a lei de Ordenación e Xestión integrada do litoral de Galicia.

En Valadares, Vigo,  pode ser o lugar onde as comunidades de montes acordemos as formulas para a defensa dos montes veciñais.  Por iso é tan importante, máis que nunca, a vosa asistencia e participación.

+ información no móbil 649137135 ou no correio xapegonda@gmail.com

 

Axudas á silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais

[DESCARGAR] Axudas para silvicultura produtiva

Bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2025 (código de procedemento MR605C).

 Ámbito de aplicación
1. Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais, segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, terreo), do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
e) Das superficies que tivesen algún compromiso de mantemento e/ou conservación de ordes de axuda anteriores e as súas accións fosen obrigadas para o cumprimento dos ditos compromisos.
f) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.
g) Dos terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
h) Dos terreos que foron obxecto de concesión dunha axuda no marco da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación
e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D).
i) Dos terreos que quedan encravados no perímetro dunha agrupación forestal de xestión conxunta inscritas no correspondente rexistro e que non forman parte dela.

ENTIDADES SINDICAIS, MEDIOAMBIENTAIS E SOCIAIS  ESIXEN O REFORZAMENTO DO CARÁCTER XERMÁNICO DOS MONTES VECIÑAIS

As organizacións sindicais, medioambientais e sociais, abaixo asinantes, veñen de reuinirse en Compostela, o pasado día 27 de Xaneiro, para responder a lei de montes veciñais en man común que o Partido Popular pretende aprobar no presente ano.

Se ben e certo  que a día de hoxe non existe borrador do proxecto da nova lei de montes veciñais, taménée certo que da lectura do, xa definitvo, Libro Branco sobre a reforma da regulamentación dos montes veciñais en man común da comunidade autónoma galega, do que derivará o borrador do proxecto da nova lei de montes veciñais, e das declaraciöns püblicas feitas por responsabeis de Consellaría do Medio rural pódese asegurar que o obxetivo fundamental da nova lei de montes veciñais é a eliminación do carácter xermánico destas terras para proceder a súa privatización. É decir, eliminar o carácter indivisible e intransferibles das terras veciñais.

Así, no denominado Libro Branco para a regulamentación dos montes veciñais óodese ler que se vai a eliminar o carácter de imprescritibilidade dos montes veciñais, non só para poder privatizalos, senón tamén para legalizar as usuparcións que dos montes veciñais fixeron e siguen facendo diversas empresas. Ademais, pódese ler que van a modificar o concepto de veciño/a comuneiro/a dando entrada no mesmo a persoas físicas e xurídicas que aínda que non vivan no lugar onde se asenta o monte veciñal, si teñan algunha relación co mesmo.

As declaracións públicas de responsabeis de Consellaria do Medio rural aínda van máis lonxe neste intento de roubarlle os montes veciñais á veciñanza comuneira. Así, afirman que a nova lei de montes veciñais entregará estas terrras aos concellos con  que simplemente a propia Consellería declare en estado de abandono, como se os montes veciñais en man común fosen propiedades particulares do Partido Popular. Porque para eles,  un monte veciñal en estado de abandono será aquel que  incumpla cuestións meramente administrativas ou burocráticas como poden ser  non enviar a tempo o listado da veciñanza comuneria, a declaración de reinvestimentos obrigados ou tardar en elexir unha xunta reitora.  Sen base xurídica algunha, somentes con interés político, convirten  estas titularidades comunitarias en propiedades privadas para sacarllas á veciñanza comuneira e entregarllas a intereses capitalistas, especulativos e urbanisticos.

Aínda que non o explican claramente, xa que xogan a confundir, a Consellaría do Medio rural sabe perfectamente que para que a futura lei de montes veciñais contemple o que xa está escrito no chamado Libro Branco e dito nas declaracións públicas de responsabeis desta consellaría, teñen que eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais. Sen esta eliminación non poden perpretar o roubo destas terras comunitarias .

As entidades sindicais, ambientais e sociais que se reuniron en Compostela acordaron manifestar publicamente o seu rexeitamento a este intento da Consellaría  do Medio rural de eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais para proceder a sua privatización ou municipalización. E así, acordaron, enviar un escrito a¡á Dirección Xeral de Ordenación e Planificación forestal eixindolle que no borrador do proxecto da nova lei de montes veciñais se recolla o contido na  Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM.  Unha ILP sobre os montes veciñais que foi elaborada por un número importante de comunidades de montes e avalada por 12.010 sinaturas. Ademais esta lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular prantexa a reafirmación do carácter xermánico dos montes veciñais, o recoñocemento da titularidade veciñal  como unha máis e distinta das titularidades públicas e privadas. Ademais, esixe unha política de montes que permita acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabe e impide que os montes veciñais sexan expropiados  para beneficio das multinacionais .

As asociacións firmantes cordaron tamén constituirse en grupo de traballo para que, cando se faga público o borrador da nova lei de montes veciñais, presentar as achegas correspondentes para que a futura lei de montes veciñais estes sigan sendo titularidades veciñais, terras abertas con carácteristicas de ben común e de ben social.

Asociacións firmantes:

  • Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
  • Confederación Intersindical Galega
  • Ecoloxistas en Acción
  • Federación rural Galega
  • Instituto  galego  das terras comunitarias
  • Organización galega de comunidades de montes
  • Sindicato labrego galego

Subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais

 

[DESCARGAR PLIEGO AQUÍ]

Obxecto e finalidade
A finalidade desta orde é a incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as agrupacións forestais de xestión conxunta na realización de traballos de silvicultura preventiva que contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de gran importancia na nosa comunidade e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

Ámbito de aplicación
O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e ásagrupacións forestais de xestión conxunta da Comunidade Autónoma de Galicia, agásaqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, quenon solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades e as agrupacións forestais de xestión conxunta, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Axudas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos

 

[DESCARGAR PLIEGO AQUÍ]

Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas relativas aoscompromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E).

Entidades beneficiarias
Serán entidades beneficiarias as entidades locais, as comunidades de montes veciñais en man común, as agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no correspondente rexistro e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

Axudas servizos ecosistémicos
Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais, segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, terreo), do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan ou estean en condición de obter un certificado de servizos ecosistémicos expedido por algún sistema de certificación forestal recoñecido e validado polos mercados nacionais e internacionais.